A orde do 25 de xaneiro do 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación, promoción e titulación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia, introduce unha serie de modificacións na avaliación, promoción e titulación das diferentes etapas educativas que foi preciso recoller nos documentos do centro.
Os aspectos máis destacados da orde son:
- Impleméntanse novos criterios de avaliación, promoción e titulación.
- Desaparece a convocatoria extraordinaria na ESO. O alumnado terá 3 avaliacións e unha avaliación final. Tanto a 3º avaliación como a avaliación final celebrarase no mes de xuño.
- No Bacharelato conservase a proba extraordinaria que se celebrará no mes de xuño.
- No período que vai desde a 3ª avaliación ou a avaliación ordinaria de Bacharelato ata o fin de curso desenvolveranse actividades de recuperación, reforzo e ampliación para todo o alumando (o período lectivo remata o 22 de xuño).
- Permanencias:
- Unha soa vez, e dous como máximo ao longo do ensino obrigatorio (Primaria e Secundaria)
- De xeito excepcional, sempre que se considere favorable, un ano máis en 4º ESO.
-
No caso de Bacharelato, o alumnado ten catro anos para facer os dous cursos.
Os documentos de centro que recollen estas modificacións curriculares son:
Criterios de promoción e titulación do centro (aprobados en claustro 12 de maio de 2022).
Adendas nas programacións didácticas dos distintos departamentos onde se recollen as novidades sobre a avaliación.
Recordamos que o 12 de maio de 2022 (xoves), remata o prazo de presentación das solicitudes das Bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudantes que vaian a cursar ensinanzas postobrigatorias (FP, Bacharelato ou Universidade) no vindeiro curso académico 2022/2023.
Toda a información sobre esta convocatoria poderedes encontrala no “Portal de BECAS de EDUCACIÓN”.
O acceso para a presentación online: ACCESO .
Este ano o Ministerio adiantou o proceso a antes de finalizar o curso e incrementou considerablemente a partida dedicada a elas. Non vos esquezades de presentala porque logo xa non será posible facelo
Xa están rematadas as obras de remodelación dos aseos do taller principal de Automoción. Unha actuación moi necesaria debido ao estado moi deficiente no que se atopaba anteriormente.
Cambiouse o alicatado os elementos, as tuberías e sistema eléctrico, ademais se intalaron tamén dous lavamáns de aceiro inoxidable, máis ixiénicos e adecuados ao uso frecuente que van a ter que soportar.
O pasado 21 de abril 435 alumnos e alumnas de 100 centros de toda Galicia preséntaronse á fase de zona da Olimpíada matemática. Deles 40 pasan á seguinte fase, a final galega, que se realizará en Lugo o próximo 26 de maio, e entre eles estará o alumno de 2 º ESO C, Iago Trelles Fernández. No eido das matemáticas seguimos a colleitar éxito tras éxito froito tamén do bo traballo que se está a realizar neste Departamento co alumnado e do traballo previo no CEIP de Seixalvo onde estudou a primaria.
Noraboa Iago, agora a dalo todo na final!!!
O pasado martes 26 de abril, o alumnado de 1º de Bacharelato de Robótica asistiron xunto cos profes de Tecnoloxía á Feira Maker que se celebrou na Cidade da Cultura de Santiago.
Alí tiveron un posto para poder exponer os seus traballos e tempo tamén para coñecer de primeira man as novidades tecnolóxicas.
Unha gran experiencia para todos eles.
Participar nesta feira foi consecuencia do traballo desde hai anos veñen realizando no Departamento de Tecnoloxía o que lle abriu as portas á Universidade Laboral para poder contar coa nosa Aula Maker e en breve a participar no proxecto da Consellería "Polos creativos"
O pasado xoves 21 de abril varios dos nosos alumnos de 2º de ESO participaron na Olimpiada Matemática provincial. Seguro que foi unha moi boa experiencia para eles.
Ademáis como se celebrou no Centro de Formación de Profesores non tiveron nin que saír do recinto da Universidade Laboral!!!
O alumnado de Sustentabilidade e Paisaxe segue facendo crecer a horta. Estes días estiveron a plantar hortalizas nos tres bancais que xa teñen traballados. Unha fantástica actividade que pon en valor o autoconsumo e os cultivos sostibles.
Os alumnos/as de segundo de Bacharelato da optativa de Psicoloxía sacaron os seus traballos ao corredor inferior. Alí tedes unha exposición referida ás árbores que están representadas con materiais e texturas moi orixinais.
De novo o noso alumnado visita o bosque de Ridimoas, esta vez 1º de Electromecánica B, e 2º de ESO coa optativa de Sustentabilidade e Paisaxe. É ben sabido o afecto que dende a Universidade Laboral sentimos cara este entorno e a quenes o protexen.
Grazas de novo a David por guiarnos e agasallarnos de novo con guías de campo para a biblioteca. No dia da Terra, que mellor celebración que esta!
A Consellería de educación ven de publicar as novas directrices sobre o uso das máscaras nos centros educativos. Pódese consultar no seguinte enlace.
De tódolos xeitos, aquí tedes un resumo. Recoméndase continuar co seu uso.
Aproveitando un espazo sen utilizar habilitouse unha nova aula de informática no taller de electricidade de FP. Son 22 postos con equipos modernos e pantallas
Tratábase dunha instalación moi necesaria para seguir avanzando pouco a pouco na dixitalización do noso IES.
Estupenda camiñata na visita ao Mosteiro de Carboeiro e á fervenza da Toxa que puido desfrutar o alumnado de 1º e 2º ESO da materia de Sustentabilidade e Paisaxe.
Percorreron non só o Mosteiro de Carboeiro, senón tamén a senda da horta mediciñal. De aí, atravesaron a Ponte do Demo e comezaron a ruta de montaña. Ó lonxe puideron comprobar como o mosteiro e a paisaxe conviven en perfecto equilibrio.
Comeron no mellor restaurante do mundo: a natureza. E conseguiron por fin, despois do esforzo, o desexado obxectivo: a fervenza da Toxa.
Tempo de descanso, de baño, de merenda compartida. Unha xornada sen dúbida, valiosa e para recordar.
Neste enlace tedes as datas e hora dos exames de pendentes para alumnado de 2º, 3º, 4º de ESO e 2º de Bacharelato que teña materias pendentes de superar do curso anterior. Para alumnado con materias pendentes que xa fora avaliado ao longo do curso nos dous primeiros trimestres estas datas refírese á terceira avaliación e á recuperación daquela parte da materia que non teñan superada.