O Campionato Galego Escolar de Orientación a Pé celebrouse o pasado sábado 6 de maio no flamante circuito da Laboral.
As categorías que participaron foron infantíl, cadete e xuvenil, cun gran éxito dos equipos ourensáns.
Con este acto demos por inaugurado o circuíto e a partir de agora xa o iremos utilizando para diferentesa actividades.
Esperamos tamén fomentar ese deporte entre o noso alumnado e pouco a pouco ir sacando deportistas.
Esta semana fomos de ruta de montaña polas Fragas do Eume. Aqui tedes unha pequena reportaxe da nosa Aula da Natureza co alumnado de 1º da ESO da materia de "Proxecto Competencial".
Grazas á nosa guía Mª José, pasamos toda a xornada "ruteando" polo bosque, carballos, bidueiros, farolillos, valerianas... E tendo a oportunidade de empregar algunha delas, como o embligo de Venus para unha vendaxe, xa que de tanto andar poden doer os pés. Tamén vimos tritóns, babosas negras de tamaños considerables, e lagartixas de cores moi rechamantes. Visitamos ademais o Mosteiro de Caaveiro.
Comida da casa, e como non, un baño nas fervenzas, case xélidas, para quenes así o quixeiron. Ruta aventureira, o bosque é un gran mestre.
Seguimos co proxecto Erasmus do centro. Nesta ocasión o grupo Erasmus+ visitou Gestamp Cerveira, BMCar Audi e Kia en Braga (Portugal). Todas elas empresas que amosaron interese en acoller a alumnos con bolsa Erasmus o vindeiro curso. Aproveitaron para visitar a dous alumnos do noso IES que están alí agora mesmo disfrutando da experiencia Erasmus co consorcio de APaGA en BMCar.
O xoves 27 de abril celebrouse no recinto da Laboral a fase de zona da Olimpíada matemática galega e, representando ao IES Universidade Laboral, estiveron: Hugo, Daniel R. López, Santiago, Rodrigo, Daniel R. Salgado, Ariana, Daniel R. Álvarez e Juliana. Despois de enfrontarse a cinco problemas, un diploma por parte da organización e un pequeno agasallo do departamento de matemáticas.
Agora toca agardar para saber se hai algún ou algunha finalista... Moita sorte!
O día 25 de abril o alumnado de 1° Bacharelato de artes visitou as salas de exposición da cidade.
Familiarizándose coa vida cultural de primeira man, xa que contaron coa guía dos galeristas.
O IES Universidade Laboral leva case 20 anos recibindo alumnado xordo e hipoacúsico, por iso a lingua de signos leva presente no noso centro desde hai décadas.
Este curso participamos no "VI Concurso Cantamos con las Manos", promovido pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. O venres 21 de abril tivemos a presentación oficial do vídeo "Quéreme ben" no salón de actos e quedámonos sen palabras para cualificar o traballo realizado por todos: impresionante, emotivo, moi fermoso...
Veredes moitas caras coñecidas nel signando a canción e mensaxes cheas de sentimento: alumnado de ESO, moito profesorado e persoal non docente (conserxes, limpadoras, persoal de cafetería e ata algún provedor). Todos quixeron colaborar...
Tamén hai que agradecer especialmente ao alumnado de artes que se ofreceu para formar parte da produción do mesmo.
Finalmente non gañamos o concurso, pero iso non era o importante, senón o camiño recorrido para chegar ata aquí. Grazas a todos/as os que credes que a inclusión é a mellor maneira de construír un mundo máis humano e soportable.
"O camiño percorrido para chegar ata aquí é unha parte importante da nosa historia, pero o máis importante é o que fagamos a partir de agora." - J.K. Rowling
Estes días apareceu un misterioso cartel na entrada do recinto. Terá que ver con algo relacionado con aprender a orientarse?.
Terá que ver con algún tipo de actividade ou xogo para o alumnado?. Teredes que ir mercando unha brúxula e botas de montaña?
Haberá algún misterio que resolver?
Seguimos investigando porque a cousa non está moi clara, pero semella que vai ser interesante...
Para que durante os próximos días busquedes algún obxecto ou concepto relacionado coas mates, o departamento de matemáticas convoca o segundo concurso de fotografía matemática. Animádevos a participar!!
O martes 11 de abril pola tarde, case 90 rapaces e rapazas dos catro cursos da ESO volveron ás aulas para participar no Rally matemático. En grupos de oito cooperaron para resolver cinco problemas un pouquiño diferentes aos que están acostumados... E, como non todo na vida van ser problemas, remataron cunha rica merenda!!