Get Adobe Flash player

O día 25 de maio celebráronse as I Olimpíadas de Historia na Universidade de Vigo. Ditas Olimpíadas enfocáronse para o nivel de 4º ESO e o noso centro participou con catro alumnos/as (era unha condición da convocatoria, só catro alumnos por centro). Foi sorprendente a numerosa participación, en total 28 tanto da nosa cidade e provincia como de Pontevedra e A Coruña.

A acollida e recepción por parte dos organizadores foi moi agradable e o ambiente creado polo alumnado, así como o profesorado acompañante, marabilloso.

As probas consistiron en preguntas breves e precisas; outras de verdadeiro e falso; probas de identificación de personaxes históricos, arte  e textos históricos.

Distribuíronse os centros participantes por aulas. En cada aula había sete equipos e o equipo que obtivese maior puntuación en cada aula iría a unha semifinal e logo a final.

Os noso alumnado do centro participou dun xeito moi digno pois souberon numerosas preguntas e, aínda que non se clasificaron, acadaron un moi bo posto dentro da aula que lles correspondeu. Demostraron ter uns coñecementos moi amplos da historia. Pero o mellor de todo é que supuxo para eles unha experiencia que, de seguro, non esquecerán.
 

Recibiron cada un deles unha carpeta de agasallo e máis un diploma personalizado e asinado pola Decana de Historia.
Estas I Olimpíadas seguro terán continuidade en anos vindeiros e alí estará, de novo, o noso centro para participar.

Acceso

Solicita no centro a clave de acceso ás áreas restrinxidas desta web

Centro residencial docente

Recollida de tapóns solidarios

TokApp School

Translate (traduce esta web)

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Formación profesional DUAL

Navega con rumbo

Contador de visitas

1824711
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
950
588
2422
1721790
11476
21856
1824711

A túa IP: 54.81.71.219
Data e hora: 2018-06-20 22:29:16

¿Quen está en liña?

Temos 11 anónimos e ningún membro en liña

Novas da Voz de Galicia

As nosas webs

Séguenos en...

  • Facebook: /pages/IES-Universidade-Laboral/179875562083593
  • Flickr: universidadelaboral
  • Twitter: laboralourense
  • YouTube: universidadelaboral
  • External Link: issuu.com/tonohernandezgonzalez

Proxecto Abalar

Acceso ao servidor desde outra zona do centro

 

Webs do profesorado

 

Bacharelato de artes

 

Recanto das CC Sociais

 

 

Historia das mulleres ourensás

 

 

Galeria permanente de fotos