Get Adobe Flash player

Esta fin de semana celebrouse o campionato galego xuvenil de atletismo en pista cuberta. Estiveron presentes algúns atletas da Universidade Laboral formados polo noso antigo profesor de educación física, Germán González, quen desde a súa escola deportiva Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar formou e segue a formar atletas do noso IES. Trátase dunha competición moi esixente porque reune aos mellores atletas da nosa Comunidade, e á que se accede previa marca acreditada ao longo da tempada.

O resultado máis destacado foi o de Aldara Sandín Fernández de 1º Bacharelato C, que na final de 60 metros valos acadaba a cuarta praza, moi cerca das medallas. Tamén participou en e triple salto; o ano pasado fixérase coa medalla de prata, pero este ano o nivel foi moi alto, con grandes marcas. Así e todo estivo tamén saltando a final acadando a oitaba praza. 

Alba Vila Gómez de 1º Bacharelato C quedou décima en lanzamento de peso.

Alexandre González Coello de 1º Bacharelato A, participaba por primeira vez nunha final galega de atletismo, correu a final B de 800 metros lisos, acadando o posto número 15 na xeral.

Enlace á nova

Acceso

Solicita no centro a clave de acceso ás áreas restrinxidas desta web

Centro residencial docente

Recollida de tapóns solidarios

TokApp School

Translate (traduce esta web)

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Formación profesional DUAL

Navega con rumbo

Contador de visitas

2012766
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
1448
445
4631
1906824
14938
16088
2012766

A túa IP: 34.228.42.25
Data e hora: 2019-03-23 14:32:36

¿Quen está en liña?

Temos 14 anónimos e ningún membro en liña

Novas da Voz de Galicia

As nosas webs

Séguenos en...

  • Facebook: /pages/IES-Universidade-Laboral/179875562083593
  • Flickr: universidadelaboral
  • Twitter: laboralourense
  • YouTube: universidadelaboral
  • External Link: issuu.com/tonohernandezgonzalez

Proxecto Abalar

Acceso ao servidor desde outra zona do centro

 

Galeria permanente de fotos