Desde a Universidade Laboral non queremos causar alarma entre a comunidade educativa, pero tivemos que tomar algunhas medidas preventivas para evitar no posible que se poidan producir contaxios de enfermidades infecciosas:
- Procedemos a prestar especial atención no que se refire ao material hixiénico. Diariamente revisamos que non falte xabón en tódolos aseos do centro e nos lavadeiros de mans. Colocamps dispensadores de xel en tódalas aulas do IES.
- Tivemos que suspender ata novo aviso todo tipo de actividades extraescolares salvo aquelas nas que se poida manter en todo momento a distancia de seguridade.
- Colocáronse carteis en diferentes zonas do IES con información para recoñecer os síntomas da enfermidade e cos teléfonos aos que chamar se se sospeita ter a enfermidade. Tamén se colocaron carteis relativos á hixiene de mans.
- Procedemos a crear un protocolo específico con normas de obrigado cumprimento para o alumnado dentro da xornada escolar.
- Procedemos a crear un protocolo específico con normas para o profesorado no caso se advertira que algún alumno/a ou eles mesmos tiveran os síntomas da enfermidade.