Get Adobe Flash player

No curso 2020/21 realizáronse as seguintes obras e actuacións de mellora do IES:

  • Instaláronse portas exteriores automáticas nas tres entradas do IES (principal, porta do medio e porta debaixo da pasarela).
  • Habilitouse un segundo cuarto da limpeza ao carón do laboratorio de ciencias do IES.
  • Realizáronse obras no campo de hockey: saneamento da zona lateral de detrás da portería eliminando a auga que nace alí cun pozo de descarga e colocación dun novo balado polo deterioro do anterior.
  • Adquiriuse un novo torno para o taller de Mecatrónica tendo nese curso xa 4 operativos con este.
  • Na zona da entrada (zona de recreo de 1º e 2º de ESO instalouse un pasamáns de seguridade na baixada ás cociñas.
  • Colocáronse moitos contedores de lixo no exterior.
  • Cambiouse toda a iluminación exterior do recinto con novos focos led, conseguindo máis iluminación para aumentar a seguridade polas noites. Tamén se cambiou a led os xa existentes.
  • Realizáronse importantes obras de reparación do sistema de calefacción: refibrado dos dous depósitos existentes porque tiñan numerosas fugas.
  • Realizáronse obras de mellora da secretaría do IES, habilitando unha entrada independente e un mostrador.
  • Instalouse un elevador para minusválidos, dúas rampas de minusválidos, unha para acceso ao comedor e outra para acceso á zona de artes. Construíronse dous aseos de minusválidos novos, un na planta superior e outro na inferior.
  • Remodeláronse por completo os aseos masculino e feminino da planta inferior e o masculino da superior (cinco en total contando os de minusválidos).
  • Pasáronse as seguintes revisións obrigatorias por lexislación: de combustión das catro caldeiras de calefacción, de estanqueidade dos depósitos de calefacción, da acometida eléctrica, e a OCA de baixa tensión.
  • Realizouse unha ampliación das aulas de artes: a aula 4 ampliou a súa capacidade ao unila cuns antigos baños. Remodelouse por completo. Remodeláronse por completo os aseos de artes.
  • Habilitouse unha pequena zona en artes con fregadeiro e lavalouzas para utilizar nos eventos e actividades extraescolares.
  • Remodelouse o almacén da zona de artes.
  • Creouse un aula TIC para o profesorado con todos os recursos necesarios nunha antiga sala de titorías en desuso.
  • Construíuse unha nova aula para o Ciclo de Carrozaría. Anteriormente non dispuñan de ningunha.
  • Construíuse un novo departamento para Automoción dotado de recursos informáticos.
  • Construíuse un novo taller para a FP Básica nunha ampliación dos existentes. Conta con todo o equipamento necesario.
  • Adaptouse a antiga capela primeiro como aula de desdoble e para o curso 2022/23 será ludoteca.
  • Adaptouse e rehabilitouse por completo un antigo almacén en desuso como aula de AL.
  • Reformáronse parcialmente as dúas aulas de PT e unha de desdoble.
  • Instaláronse novos pasamáns na zona da entrada e na zona dos depósitos de calefacción de FP.
  • Instalouse nova sinalización vertical no recinto.
  • Realizouse un cableado completo do IES para preparar o centro para instalación de cámaras de seguridade, porteiros automáticos e novo sistema de alarma.
  • Instaláronse tres lavadeiros de mans de aceiro inoxidable con grifos e dispensadores automáticos nas tres entradas do IES.
  • Acabáronse de instalar Proxectores e ordenadores en todas as aulas, incluídas as de desdobles.

 

¿Que materias non se van impartir?

Móbiles prohibidos

Actividades Extraescolares

Promoción e titulación

Na ESO:

 

 

No Bacharelato:

 

FP Oferta Educativa

Centro residencial docente

TokApp School

Contador de visitas

3917227
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
826
1539
10551
3795002
46960
22764
3917227

A túa IP: 18.232.179.37
Data e hora: 2023-09-30 20:42:04

¿Quen está en liña?

Temos 34 anónimos e ningún membro en liña