Prazo de solicitude ordinaria: do 1 ao 14 de marzo de 2018.
Prazo de solicitude extraordinaria: do 2 ao 13 de xullo de 2018.
Orde do 1 de febreiro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018. Máis información.
As solicitudes de admisión deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es.
Alternativamente: tamén se poderán presentar en soporte papel, empregando o formulario normalizado na sede electrónica da Xunta de Galiza. En caso de envío por correo: ha de ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario.
O IES Universidade Laboral conta coa ferramenta TokApp School, coa que se pode enviar mensaxes a pais, nais ou alumnado do centro, mediante o sistema que elixa: WhatsApp, SMS ou correo electrónico. Páxina de rexistro
Con TokApp School dispoñemos da posibilidade de enviar información de reunións, eventos, incidencias, faltas de asistencia, etc.
A información enviada chega directamente ao teléfono dos destinatarios ou ao seu correo electrónico. Páxina da aplicación
Para poder disfrutar de tódalas vantaxes que pode proporcionar TokApp School descarga no teu teléfono móbil a App.
Tamén podes escanear o código QR para descargar a aplicación no teu smartphone
A Universidade Laboral xa conta coa ferramenta abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
- Acceder aos datos persoais dos seus fillos/as
- Consultar as cualificacións
- Consultar e recibir información das faltas de asistencia dos seus fillos/as de maneira instantánea
- Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Xa foron actualizados os enlaces cos titores/as, e xa podedes contactar con eles/as a través desta páxina web.
Recordade que tedes que elixir un titor no menú da parte da dereita que leva ese título. Recordade tamén que vos tedes que indentificar na web coa clave e contrasinal para que funcione o enlace correctamente.
Cando contactedes co titor non esquezades indicar o voso nome e o voso correo electrónico, para que vos poda contestar.
As horas de atención a pais e nais aínda non están asignadas. Tardaremos un par de semanas en publicalas, pero o contacto cos titores xa é posible concertando cita a través desta web ou telefonicamente.
Están convocadas as probas de acceso a Formación Profesional. Tanto ciclos medios coma superiores.
As datas que máis debedes ter máis en conta son as seguintes:
Inscrición para á proba:
Grao superior: 8 ao 23 de febreiro
Grao medio: 12 ao 23 de marzo
Celebración da proba:
Grao superior: 19 de abril
Grao medio: 31 de maio