Baixo o título ILUSTRISIMAS queda recollida a obra do alumnado de segundo de bacharelato B, C e D realizado nas materias de "Técnicas de expresión gráfico plásticas" e "Ética e Filosofía do Dereito".
A exposición ten carácter interactivo xa que é o alumnado o que relata non só o que aprendeu investigando a grandes mulleres da historia, senón tamén o propio proceso creativo das súas obras. Pintura, gravados, textos, diversos formatos que empregaron para aprender facendo.
Parabéns.
A partir do 19 de abril e ata final de mes ábrese o prazo de inscrición ás probas libres para a obtención de títulos LOE (a extinguir) de FP.
- As persoas que se inscriben deben utilizar o anexo I da orde do 5 de abril de 2013 como modelo de inscrición para ás probas e o anexo II para a xustificación de actividades desenvolvidas na empresa.
- As solicitudes “por escrito” (sen código de solicitude) recibidas cargaranse, de forma manual, na aplicación “ciclosadmision” na pestana 5.1 “Alta de solicitudes ordinarias”.
O alumnado de 1º curso de Bacharelato na materia de Filosofia presentou a exposición dos seus traballos: A COSMOLOXIA DE ARISTÓTELES. Diferentes maquetas, cartaces, trípticos, feitos con materiais diversos: teas, cartón, lá, botóns e ata con brilantes luces. Todo para comprender dende os seus inicios a importancia de ter unha visión do universo e do ser humano.
O alumnado do 2° curso do ciclo de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos visitaron esta semana o "Heat District" de Biomasa recién inaugurado no Concello de Silleda.
Na visita o alumnado puido acceder ás distintas partes da instalación como son as máquinas térmicas, todo o sistema de automatización, rede de tubería e instrumentación asi como visitar algunhas das dependencias ás que dito Heat District está dando serivizo: un pabillón polideportivo e unha piscina entre outros. A visita foi moi interesante dada a singularidade técnica da instalación e por suposto agradecemosa boa disposición do Concello de Silleda que puxo á disposición do noso alumnado o técnico proxectista da instalación, quen fixo diversas demostracións cos equipos e respostou todas as dúbidas do alumnado.
Diversas noticias nos medios de comunicación que fixeron unha reportaxe desta visita:
O alumnado de 1º de ESO da materia Sustentabilidade e Paisaxe está a elaborar comedeiros e guirnaldas de sementes para os paxaros do noso recinto. Xa foron revisadas as casiñas de aves que se instalaron o curso pasado, coidando sempre de non facelo en época de cría.
Esta vez fixeron as guirnaldas con pipocas e colocáronse nas ramas máis altas, con axuda dunha longa cana feita con bambú, claro està, tamén do noso bosque.
Durante o mes de febreiro o noso alumnado de Valores Éticos de 1º de ESO realizou unha serie de actividades pola Paz. Aqui tedes a mostra adicada á Carta do indio Seatle, onde traballaron o documento enmarcado no tema da Declaraciòn dos Dereitos Humanos. Cada alumno/a realizou a súa propia Pipa da Paz empregando materiais recollidos do noso bosque: cañas, landras, abalorios reciclados, etc.
Cada pipa foi decorada tendo en conta o aprendido sobre a historia dos indios americanos.
O IES Universidade Laboral de Ourense ven de firmar este pasado 3 de febreiro un convenio de colaboración coa empresa Sistemista e Instaladora Teula Sistemas S.L. mediante o cal o Ciclo de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos recibirá a cesión de equipos de calefacción e ACS para o seu estudo e análise co fin de mellorar os coñecementos do alumnado sobre equipos existentes no mercado relativos á xeración de calor e instalacións térmicas. A empresa Teula Sistemas S.L. representada por un dos seus xerentes Pablo Docampo, fixo unha visita ás instalacións do IES Universidade Laboral e mostrouse moi satisfeito con dita colaboración e a posibilidade de aportar valor no desenrolo didáctico neste curso 2020-2021.
A Federación Galega de Hockei foi nomeada pola Real Federación Española de Hockey para a organización da Fase Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14 masculino e Feminino, que se celebrou os días 26, 27 y 28 de febreiro de 2021 no campo da Universidade Laboral.
A Universidade Laboral e o Centro Residencial Docente colaboraron na organización do evento.
Alí estiveron as nosas seleccións masculina e especialmente a feminina (que era a actual campiona de España). Non puideron revalidar o título, pero obtiveron una meritoria terceira praza acadando a medalla de bronce. Noraboa
Os patidos foron televisados por youtube. Enlace:
https://www.youtube.com/channel/UCNLfbFrJqddVYithUjsjS8A?reload=9
Noticias sobre este tema: