O luns 2 de outubro terá lugar o acto de presentación do Curso de Especialización en Mantemento e seguridade de vehículos híbridos e eléctricos.
Será ás 18:30 horas no salón de actos do IES.
O horario de mesmo está dispoñible no menú de horarios da dereita.
Varios alumnos/as de Ourense foron premiados na Open Science de Cambre, pola elaboración dun prototipo de conservación en frio e transporte de mostras biolóxicas, sangue ou órganos. O traballo premiado foi desenvolvido nas Aulas Tecnópole.
No equipo premiado estaba un alumno da Universidade Laboral, Alejandro Fidalgo, de 4º de ESO (segundo pola dereita), a quen lle queremos dar a noraboa.
A Universidade Laboral foi seleccionada para participar no intercambio de alumnado EduFrance coas Régions Académiques Bretagne e Hauts-de-France durante o vindeiro curso escolar 2023/2024.
Felicitamos ao Departamento de Francés polo traballo realizado, porque só 10 centros de Galicia foron seleccionados.
As profesoras xa están comezando a traballar no proxecto, pronto teredes máis novas.
Informamos dun cambio, con respecto ao curso pasado, no referido ao uso dos teléfonos móbiles no centro.
O artigo 16, apartado b) da lei 4/2011, e o artigo 19, punto 4 do decreto 8/2015, din:
"Prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica".
O claustro de profesorado en sesión extraordinaria do 11 de setembro de 2011 aprobou que, o incumprimento desta norma (incluído telo gardado pero encendido), conlevará as seguintes sancións:
- Primeira vez: Amoestación verbal e anotación no XADE por parte do profesor que observou a falta.
- Segunda vez: Sanción anterior á que se engaden tres días de tarefas de limpeza definida por Xefatura de estudos.
- Terceira vez: Sanción anterior á que se engaden dúas semanas sen participar en ningunha actividade extraescolar. (Próxima actividade extraescolar se non houbese nas seguintes dúas semanas) No caso de que ésta xa estivese pagada, non se devolverán os cartos.
- Reiteración (4ª vez): Tres días de expulsión do centro.
No que se refire á ESO e FP Básica, esta prohibición inclúe toda a xornada escolar e todos os lugares (incluídos recreos e tempos de lecer). En bacharelato e Ciclos Formativos esta medida só afecta ao interior do IES.
Esperamos que esta medida axude a mellorar o clima de convivencia no centro para o cal pedimos a súa colaboración.
Xa tedes no menú da dereita para consulta diaria, aquelas materias que non se van impartir, por ausencia do profesor/a respectivo/a, e que serán atendidas polo profesorado de garda.
Foi actualizada a lista de libros de texto. No caso das materias que non teñen asignado libro de texto, hai que esperar ao comezo de curso e seguir as indicacións do profesor/a. Recomendamos que se revisen os libros adquiridos para que se axusten á lista seguinte relación de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2023-24:
Recomendamos a todo o alumnado que merquen os libros nun establecemento que permita facer algún cambio se o libro comprado non é o correcto e, sobre todo, recomendamos que non se lle poña o nome ou forro antes da primeira clase, por se é preciso cambialo posteriormente por erro á hora de comprar.
O obxectivo fundamental deste concurso é achegar ao alumnado ás materias STEM, máis concretamente nos estudos de tecnoloxía e enxeñaría. Preténdese promover a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación de robots autónomos.
O concurso está dirixido ao alumnado de ESO, preferentemente de 1º e 2º, pero poderanse ampliar a participación de grupos en función da dispoñibilidade de robots. Cada alumno só poderá formar parte dun equipo.
Preguntade ao profesorado de Tecnoloxía.
Os rapaces máis maiores do Club de Lectura estiveron esta semana en Lisboa. Aquí tedes o vídeo da viaxe: