Estes días desde o Departamento de Orientación puxeron en marcha unha campaña de recollida de material para atender á situación humanitaria que está a vivir Ucraína como consecuencia do conflito bélico.
Están colocados ao longo de todo o centro numerosos puntos con caixas de recollida nas que voluntariamente se pode deixar o material que se considere oportuno.
O venres 25 de maio a Universidade Laboral fixo a entrega do material recadado na campaña de recollida de alimentos, mantas, correas e outros elementos, para os cans e gatos da protectora de animais de Ourense.
A campaña iniciouse o pasado día 10 de marzo, día no que a responsable de Progape nos veu a contar a importancia da labor que ten a súa asociación e o importante de concienciar a sociedade do cuidado das nosas mascotas.
Agradecer ao persoal do centro e ao alumnado a súa participación e doazón.
O equipo de 1º de ESO C ven de clasificarse para a fase galega do Rally matemático sen fronteiras 2021 na categoría de 1º de ESO, xunto co CPI San Sadurniño, e o CPR Nª Sª dos Remedios de Santiago de Compostela.
Parabéns a todo o profesorado do Departamento de matemáticas implicado neste proxecto no que repiten clasificación por dous anos consecutivos, e como non, ao alumnado participante este ano. Estamos moi orgullosos de todos eles.
A fase galega terá lugar na mañá do venres día 1 de abril na Aula de Bioloxía da Facultade de Química, no campus de Santiago de Compostela.
O luns 28 de marzo ás 20:15 horas teremos unha reunión informativa no salón de actos para nais, pais e alumnado interesados na próxima viaxe a Paris.
¿Quen pode asistir?. Alumnado de 3º e 4º de ESO que curse Francés, e alumnado de 1º de Bacharelato que curse Francés actualmente, ou que o hobera cursado en 4º da ESO. Por suposto tamén as familias destes alumnos/as.
Grazas ao financiamento da Consellería de Educación, o IES Universidade Laboral puido asinar un acordo de colaboración coa Asociación de pais e nais de discapacitados intelectuais de Ourense (Aspamadis), que ten como obxectivo a integración dos seus fillos no mercado laboral.
Trátase dun centro especial de emprego sen ánimo de lucro que o que pretende é darlles unha oportunidade laboral.
Xa acudiran ao centro no pasado para realizar traballos puntuais como a limpeza das pistas deportivas ao carón do polideportivo e puidemos comprobar o ben que desenvolven o seu traballo. Agora van realizar tarefas de xardinería da zona verde do recinto tódalas semanas.
Para que coñezades un pouco mellor o traballo que realizan deixámosvos estas noticias
No mes de marzo desde o Departamento de Historia realizáronse varias saídas co alumnado de 2º de ESO: Visitas ao Arquivo Histórico Provincial é un roteiro do Ourense Medieval. Aquí tedes unha presentación moi completa coas fotos e comentarios das actividades.
O xoves 10 o alumnado de 1º de ESO fixeron unha saída á Aula da Natureza do Río Miño. Aprenderon o necesario para a producción de Compost, e outras cousas que pronto porán en práctica na nosa horta escolar. Deixámosvos unha galería fotográfica dese día.
O pasado 10 de marzo tivemos unha interesante charla no salón de actos a cargo de Euromaster, organizada polo Departamento de Automoción. Participaron os alumnos/as de 1º de Electromecánica de Vehículos para coñecer de primeira mas as novidades do sector
O luns 14 de marzo fíxose entrega dos premios que concede o Departamento de Matemáticas a alumnado de ESO.
En primeiro lugar foron os premios do 1º concurso de "Relatos e poemas matemáticos" e logo veu a entrega de medallas e diplomas do 1º concurso de "Resolución de problemas".
Aplaudimos a todos os participantes e tamén ao departamento que fixo posible esta iniciativa e animámosvos a seguir participando en vindeiras edicións.
Aquí vos deixamos unha galería fotográfica cos premiados
O venres 25 celebramos o entroido nos exteriores da Laboral. O tempo acompañou. Bica, chocolate e música nun día estupendo. Xa nos facía falta disfrutar un pouco todos xuntos nun ambiente festivo e recuperar as actividades escolares que tanto nos caracterizaron sempre.
Aquí tedes unha galería fotográfica dese día
O Departamento de Física e Química o venres 11 organizou unha interesante conferencia de Gonzalo Parente Bermúdez, catedrático na Facultade de Física da USC, Quen nos falou sobre "Partículas elementais". Nela relatou os qué son as particulas que proveñen do espazo exterior e as que nos rodean, como muóns, partículas alfa e beta.
Puidemos detectar algunhas delas nunha cámara de néboa que trouxo. A experiencia foi sorprendente ao ver a traxectoria das mesmas.
O 2 de febreiro o alumnado que cursa ciclos de "Mantemento de Instalacións Térmicas e Fluídos" e de "Mecatrónica Industrial" visitaron a feira Enerxétika en Silleda.
Nela sucedéronse os encontros de negocio pero tamén as xornadas técnicas en torno a áreas clave do sector enerxético en distintos campos, desde a eficiencia do equipamento e dos servizos á electrónica industrial e á movilidade sostible.
Pois si, un antigo alumno do bacharelato de artes ven de conseguir o Goya ao mellor actor revelación pola súa interpretación maxistral interpretando a "Zarco" na película "Las leyes de la frontera". Trátase de Chechu Salgado.
Logo deste merecido recoñecemento esperamos a partir de agora disfrutar do seu traballo en moitos máis filmes porque xa puidemos comprobar o gran profesional que é.
Non é o primeiro actor que pasa pola Laboral. No ano 2006 tivemos no bacharelato de Ciencias Sociais a Roberto Porto que tivo un dos papeis principais no filme galego "Pradolongo". E o que virá...