Get Adobe Flash player

Iremos dando conta de todas as actividades extraescolares revisadas desde Vicedirección (actualizarase periodicamente):

1º TRIMESTRE: ACTIVIDADES DOS MESES DE OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO

  • Luns 24 de outubro, "Charla de prevención de riscos laborais", participarán os alumnos/as de 4º ESO e FP Básica. Organiza: Departamento de FOL.
  • Xoves 20 de outubro, “Visita a exposición: O volcán da Palma", participarán os alumnos/as de 1º e 3º de ESO. Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.
  • Xoves 20 de outubro, “Actividade Da Aula da Natureza", participarán os alumnos/as de 1º A e C de ESO de Proxecto competencial. Organiza: Departamento de Filosofía.
  • Venres 21 de outubro, "Saída Aula Newton" no parque tecnolóxico, participarán os alumnos/as de 1º Bacharelato A. Organiza: Departamento de Matemáticas.
  • Martes 25 de outubro, “Actividade Da Aula da Natureza", participarán os alumnos/as de 1º B e D de ESO de Proxecto competencial. Organiza: Departamento de Filosofía.
  • Martes 25 de outubro, “Proxección de Valentina" no Auditorio Municipal, participarán tódolos alumnos/as de 1º de ESO. Organiza: Vicedirección.
  • Mércores 26 de outubro, “Taller de dobraxe" no Auditorio Municipal, participarán alumnos/as de 3º de ESO da materia de Oratoria, e de 2º de ESO da materia de IAD. Organiza: Departamento de Lingua Castelá.
  • Xoves 10 de novembro, "Magosto" Haberá mesas colocadas na zona exterior da porta do medio onde se entregará bica, castañas e un bolo preñado entre as 11.00 ata as 12.20. A celebración abrangue o recreo e a seguinte hora lectiva. Organiza: Vicedirección.
  • Mércores 9 de novembro, Plan director: Acoso escolar e ciberseguridade, no salón de actos, participarán os alumnos/as de 1º e 2º de ESO e 1º e 2º de FP Básica. Organiza: Departamento de Orientación.
  • Mércores 9 de novembro, Plan director: Violencia de Xénero, no salón de actos, participarán os alumnos de 4º da ESO. Organiza: Departamento de Orientación.

  • Mércores 9 de novembro, Visita á empresa Rubi no parque empresarial de Ribadavia para coñecer o proceso de estampación de pezas metálicas, participarán alumnos/as de 1º CS Mecatrónica Industrial dual. Organiza: Departamento de Mantemento.

  • Xoves 17 de novembro, celebración do día internacional da Filosofía, no hall do IES, participará o alumnado de 1º Bacharelato C e D. Organiza: Departamento de Filosofía.
  • Venres 25 de novembro, actividade de voluntariado no Banco de Alimentos, en diversos supermercados da capital, participará alumnado de 2º do Ciclo Superior de Automoción. Organiza: Departamentos de Automoción e Vicedirección.
  • Mércores 30 de novembro, Festival contra a Violencia de Xénero, no salón de actos, participará todo o alumnado de ESO. Organizan: Departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega.
  • Mércores 30 de novembro ata o 2 de decembro, Viaxe a Vitoria e Bilbao, participarán alumnos/as de formación profesional da "Aula de emprendemento". Organizan: Departamentos de FOL, Economía e Mantemento.

  • Mércores 30 de novembro, Visita a UNVI, no Polígono Industrial de San Cibrao, participará o alumnado de 1º Ciclo Medio de Carrozaría de DUAL. Organizan: Departamento de Automoción.

¿Que materias non se van impartir?

Actividades Extraescolares

 

Promoción e titulación

Na ESO:

 

 

No Bacharelato:

 

FP Oferta Educativa

Centro residencial docente

TokApp School

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Navega con rumbo

Contador de visitas

3569504
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
117
709
6823
3459174
2599
32031
3569504

A túa IP: 44.210.77.106
Data e hora: 2022-12-04 01:43:05

¿Quen está en liña?

Temos 18 anónimos e ningún membro en liña