Xa comezaron as actividades da aula de emprendemento deste curso.
O venres 27 e o luns 30 de outubro a partir das 9:30 no salón de actos do IES terán lugar as conferencias de diferentes emprendedores de éxito para o alumnado de 2º de Ciclos Formativos. Falarán da súa experiencia en sectores moi diversos. Un deles, Jacobo Mosquera, antigo alumno da Laboral.
O venres 27 xa tiveron lugar as primeiras charlas da aula de emprendemento. Recordade que o luns 30 de outubro a partir das 9:30 no salón de actos do IES terán lugar o resto das conferencias.
Xornada moi intensa organizada polos Departamentos de Artes Plásticas e Filosofía para o alumnado de 1º de Bacharelato de Artes, na Coruña. Visitaron a exposición Walk this way. Colección de calzado ao longo da historia.
O noso alumnado puido deseñar varios modelos de calzado amosando a sua creatividade e gusto. Tamén visitaron o museo de BBAA, percorrendo salas con diferentes estilos, e por suposto, comida en san Pedro a mar aberto para descansar de tan variada actividade, andainas polo casco vello e polo porto da cidade. Clases fóra das aulas, alumnado comprometido, dia espléndido.. Que máis se pode pedir?
O 11 de outubro visitounos o gravador arxentino Adrián Pandolfo para impartir unha masterclass de gravado ao taco perdido, especialidade na que é internacionalmente recoñecido. Pandolfo estaba en Galicia por unha breve estancia e aceptou amablemente a invitación do Bacharelato de Artes do IES A Laboral. O alumnado puido desfrutar de ver traballar ao artista en vivo e finalmente sorteáronse entre os asistentes 3 exemplares asinados e numerados, da peza que gravou e estampou durante a mañá.
De Pandolfo destacou o nivel de implicación e atención do alumnado.
Terceiro de ESO o xoves 5 de outubro fixo unha saída ao auditorio par ver "O home do saco".
Esta actividade do Concello de Ourense está enmarcada no XIV Certame de cine OUFF. O Certame de Cinema Internacional Escolar nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade.
Recordamos que o número de conta de Abanca para ingresar o importe do servizo de comedor escolar é o seguinte:
ES15 2080 5259 0530 4000 6636
Recórdase tamén da importancia de non esquecer poñer o nome do alumno, curso e o mes que se está a pagar cando se fai o ingreso.
Informamos tamén que o número de solicitudes excedeu o número de prazas de comedor autorizadas (200) polo que o Consello Escolar do IES en sesión extraordinaria celebrada o día 29 de setembro para tal efecto, procedeu a baremar as citadas solicitudes, quedando unha serie de alumnos/as excluídos (pasan á lista de espera). O listado de admitidos e excluídos está publicado no taboleiro de anuncios do IES.
A Universidade Laboral foi seleccionada para participar no intercambio de alumnado EduFrance coas Régions Académiques Bretagne e Hauts-de-France durante o vindeiro curso escolar 2023/2024.
Felicitamos ao Departamento de Francés polo traballo realizado, porque só 10 centros de Galicia foron seleccionados.
As profesoras xa están comezando a traballar no proxecto, pronto teredes máis novas.
Varios alumnos/as de Ourense foron premiados na Open Science de Cambre, pola elaboración dun prototipo de conservación en frio e transporte de mostras biolóxicas, sangue ou órganos. O traballo premiado foi desenvolvido nas Aulas Tecnópole.
No equipo premiado estaba un alumno da Universidade Laboral, Alejandro Fidalgo, de 4º de ESO (segundo pola dereita), a quen lle queremos dar a noraboa.