ENLACE PARA DESCARGAR OS FORMULARIOS DE MATRÍCULA
O mércores 22 de xuño remataron as clases no curso 2022/23. As avaliacións finais e extraordinaria en Bacharelato realizaranse o xoves 23 e o luns 27.
A entrega de notas realizarase o martes 28 ás 11 horas de xuño nas respectivas aulas (a excepción de 1º Bacharelato D e 2º Bacharelato de Artes, por mor das oposicións que se están a realizar no centro)
Para matricularse primeiro hai que recoller os sobres de matrícula no Hall do IES a partir do martes 28 de xuño e acudir logo á secretaría só cando se ten o sobre cos formularios cubertos e toda a documentación completa, para evitar aglomeracións.
- Nota: para o alumnado que se matricule en 1º de bacharelato haberá unha reunión informativa o xoves 30 (avisaremos da hora), logo de que o claustro de profesorado ratifique os itinerarios.
Prazos para realizar a matrícula:
- ESO e Bacharelato: Do 25 de xuño ó 10 de xullo.
- 1º Ciclos Formativos: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Primeira adxudicación o 19 de xullo. Ver calendario detallado na web.
- 2º Ciclos Formativos e 2º FP Básica: Entregar folla de matrícula (na secretaría do centro) ata o 19 de xullo.
- Curso de especialización en FP: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Publicación de adxudicación de prazas o 19 de xullo. Matriculación do 19 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas.
- FP DUAL: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Período de selección pola empresa, do 11 o 14 de xullo ás 12:00 horas. Publicación de prazas adxudicadas o 15 de xullo. Matrícula do 18 de xullo ás 9:00 horas ao 26 de xullo ás 13:00 horas.
- 1º FP Básica: O centro de orixe debe ter cargada a solicitude de admisión e matrícula na aplicación ciclosadmisión. O prazo é do 27 de xuño ata as 14:00 horas do 6 de xullo.O 8 de xullo publicarase a listaxe provisional de admitidos. O día 20 de xullo a listaxe definitiva.
A matrícula poderá realizarse utilizando calquera dos seguintes procedementos:
- Acceder á aula virtual do IES. Descargar, cumplimentar e imprimir no propio domicilio os impresos de matrícula (O ENLACE ESTÁ AO PRINCIPIO DESTA NOTICIA). Recoller o sobre en conserxería. Asinar todo e posteriormente entregalos xunto co resto da documentación descrita máis abaixo, na secretaría do IES. Para poder cumplimentar os formularios neste caso é imprescincible descargalos previamente no ordenador, para poder editalos e escribir sobre eles, logo imprimilos.
-
Acudir ao IES para recoller todos os formularios de matrícula en papel no Hall do IES, cumplimentar os impresos de matrícula, asinalos e posteriormente entregalos xunto co resto da documentación indicada no sobre na secretaría do IES.
Enlaces de interese e información da Formación Profesional:
O 13, 14 e 15 de xuño, alumnado de Bacharelato e ciclos formativos realizaron unha viaxe a Madrid e Segovia. Visitaron entre outros os lugares característicos de Madrid, a exposición de Goya no Museo do Prado, o Palacio e os xardíns da Granja de San Ildefonso, o acueducto de Segovia, a súa catedral e o Alcazar. Deixamos unha galería de fotos destes momentos inesquecibles.
O xoves, día 23 de xuño, ás 17:30 horas terá lugar o Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia. Será no Multiusos Fontes do Sar de Santiago.
Nese acto estarán 4 estudantes de segundo de bacharelato da Universidade Laboral:
- Rocío Blanco Garrido (Bacharelato de Ciencias)
- Sara Mojón Gómez (Bacharelato de Ciencias)
- Mar Valiño Ramos (Bacharelato de Artes)
- Daniel Vázquez González (Bacharelato de Ciencias)
Este recoñecemento concédese a todos aqueles alumnos/as que obtiveron unha cualificación de nove puntos ou máis na parte xeral das probas de acceso á universidade
Estarán acompañados polo titor de segundo de Ciencias, Ricardo Padrón.
Para a Universidade Laboral é un orgullo contar cun número tan elevado de alumnado de excelencia, tendo en conta ademais que outros quedaron a escasas décimas de ser tamén agraciados. ¡Felicidades rapaces/as!
Acaban de publicar os resultados das ABAU. Na universidade Laboral volvemos a ter un 100% de aprobados.
Estes son os nosos datos:
- 31 alumnos/as presentados e 31 aprobados/as
- 8 dos alumnos/as pasan dos 12 puntos
- 1 alumna con 13,64 puntos
Noraboa a todos/as
Desde o venres 17 de xuño suspéndense as titorías de nais e pais ata o vindeiro curso escolar
A Dirección
A finais de abril os estudantes de francés de 3° e 4° de ESO e 1° de Bacharelato viaxaron a París para coñecer os principais monumentos da cidade e visitar os museos de Orsay, O Louvre, Orangerie e Rodin.
Tiveron tempo de degustar a gastronomía, de coñecer de primeira man a cultura, a diversidade francesa e de divertirse no parque Astérix. Coa mochila cargada de fotos e de mil anécdotas, volveron esgotados despois 6 días que se lles fixeron moi curtos. Visitaron Oporto e Vila Nova de Gaia, acompañados por Sonia, Sandra e Iago, dos departamentos de Francés e Educación Física.
O ano que ven máis...
Hoxe 7 de xuño comezaron os rapaces/as que titularon nesta convocatoria en segundo de bacharelato as famosas probas das ABAU. Van ser tres día de nervios e de moito traballo, pero o final do curso para eles está aí xa, o próximo xoves, no que se celebrará tamén o acto de graduación.
Foron moi ben "arroupados" cos dous representantes do centro, Carmen Salas e Antonio Lopez, que están alí para axudalos no que precisen.
Ánimo rapaces/as, só tedes que demostrar o que xa sabedes...
O xoves día 2 de xuño o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Mecatrónica e o alumnado de 3º de Dual Mecatronica-Robotica, asistiron á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Silleda. Enlace
Fixeron unha especial parada nos equipos agrícolas accionados de forma Hidráulia e electro-hidráulica así como da robótica aplicada a este sector. Tamén se dedicou parte da visita a visionar equipamento accionado por baterias de Lítio.
As feiras profesionais teñen unha especial importancia na Formación Profesional porque é o momento e o lugar onde as empresas presentan as novidades do sector, por iso é tan importante que o alumnado asista a algunhas delas para ver como se organizan.
O pasado xoves 26 de maio celebrouse en Lugo a Final Autonómica da Olimpíada de Matemáticas, na que participan os mellores estudantes de matemáticas de Galicia, e na que o noso centro estivo representado por Iago Trelles Fernández, de 2º C da ESO.
O diploma que obtivo Iago é un recoñecemento para el e tamén para a labor de tódolos estamentos da comunidade educativa (familias, alumnado e profesorado) que conforman o IES Universidade Laboral. Tamén para o profesorado do centro de procedencia (CEIP de Seixalvo).
Grazas por tan honorábel representación, Iago!
Co gallo do Día das Letras Galegas o IES Universidade Laboral saíu a bailar. E fixémolo ao son da Global muiñeira.
O xoves 19 de maio todos aqueles que se animaron participaron na homenaxe á nosa cultura: Alumnado, profesorado, persoal non docente e todos aqueles que se animaron a participar…, organizados por estas estupendas persoas que aparecen na foto.
Cando a Jerry Seinfiel lle regalaron unha radio de ducha dixo: “ Moitas grazas. De verdade queres música na ducha? Supoño que non hai mellor lugar para bailar que unha superficie escorregadiza xunto a unha porta de vidro”.
Saíron fóra ao campo de hockei, e seguindo os poucos e doados pasos que ten esta muiñeira fixeron isto: Deixamosvos o espectacular vídeo da actividade.
O curso que vén queremos encher o campo, así que ídevos mentalizando!!!
Este curso realizáronse diversas obras de mellora no Laboratorio de Química: foron substituidos a totalidade dos antigos taburetes que carecían de respaldo por uns máis modernos e funcionais; fixéronse arranxos no mobiliario respectando o orixinal da Universidade Laboral, e instalouse u proxector con equipo de son e ordenador de aula. No Laboratorio de Bioloxía tamén se instalou un armario especial para substancias perigosas cun sistema de extracción de aire.
Estes dous laboratorios, xunto co de Física e os dous talleres de Tecnoloxía constitúen unha rede de magníficos espacios específicos cos que conta o noso IES para impartir un ensino de calidade no ámbito científico.
O venres 20 de maio o Departamento de Galego en colaboración con Vicedirección organizaron a 1ª Romería das Letras Galegas: gaiteiros, empanadas e moita música no exterior do IES ás dúas últimas horas de clase. Unha xornada festiva para conmemorar a nosa esencia. Publicaremos algúns vídeos desa xornada nas nosas redes sociais.