Do 14 ao 16 de marzo levouse a cabo parte do proxecto Erasmus KA122VET do noso centro.
Consistiu nun jobshadowing de profesorado que asistiu ao ETAP de Caminha (Portugal), e puido visitar as aulas, os talleres, e coñecer empresas da zona.
Durante toda esta semana o alumnado de Antropoloxía e Filosofía aistiu as charlas e percorrido da exposición "Etnografía de Galicia, hórreos, cereais e fariñas". Grazas a Arturo Fernández por darnos a coñecer o noso patrimonio, e compartir con nós, xenerosamente, todo que foi recopilando ao longo dos anos.
O noso alumnado de Mecatrónica e do Curso de Especialización en Dixitalización do Mantemento Industrial visitaron as instalación do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), no Parque Tecnolóxico.
Durante a estancia puidieron ver como se utilizan as máquinas de medición por coordenadas (CMM) e como se realiza unha enxeñería inversa para a inspección e verificación de pezas.
O venres 17 de marzo contamos coa presenza da escritora Marisol Ortiz de Zárate, quen nos falou da súa novela premiada “A canción de Shao-Li”.
Despois da charla a autora tivo ocasión de debatir co alumnado de primeiro de ESO e autografiar exemplares do seu libro.
O IES Universidade Laboral participiou o xoves 16 de marzo con 22 representantes no Canguro Matemático. Unha competición internacional na que os nosos estudantes demostraron os seus coñecementos e destrezas durante 75 minutos de probas de incendio matemático.
Está actividade tamén está enmarcada na semana das Matemáticas, que estamos a celebrar na Laboral co motivo do día 3,14.
O martes 14 de marzo entregáronse os premios do 2° "Concurso de poemas e relatos matemáticos" e do 2° "Concurso de resolución de problemas MasterMat" para celebrar o día Pi e día Internacional das matemáticas.
Felicidades aos premiados.
O noso alumnado de 2º da ESO de Paisaxe e Sustentabilidade, visitou a lagoa de Cospeito, lugar con varias casetas para a observación de aves. E tamén Sotavento, na montaña de Lugo, onde percorreron tòdalas instalacions a pesares do vento e a choiva, un lugar onde os paraugas non serven de nada. O que serviu foron as gañas de coñecer e experimentar.
Aquí tedes a GALERÍA FOTOGRÁFICA
A semana pasada estivemos de excursión co alumnado de 4° ESO na ría de Betanzos. Coñecemos a importancia histórica e beleza do Pazo de Meirás e paseamos pola vila mariñeira de Sada. Pola tarde, visitamos o casco histórico do concello de Betanzos e coñecemos a súa historia e tradicións.
Contra todo prognóstico,o tempo acompañou e puidemos ata gozar dun partido!
Comezou o primeiro Campionato de xadrez da Universidade Laboral, organizado polo Departamento de Matemáticas en colaboración coa Ludoteca e a Biblioteca.
Case 70 rapaces dende primeiro ata cuarto da ESO daranse cita na Biblioteca durante as vindeiras semanas na procura do título e o trofeo que os acredite como máxima autoridade do xadrez no noso centro.
Para conmemorar o 8M e o día das matemáticas que celebraremos a próxima semana, hoxe o Departamento de Matemáticas presentou unha exposición sobre mulleres matemáticas ao longo da historia. Podedes visitala no corredor inferior
Neste 8M vemos por Ourense multitude de pancartas recordando á nosa antiga compañeira, Socorro Pérez.
Traballaba no servizo de limpeza no IES e no Centro Residencial. Unha boa persoa que tivo a desgraza de que lle tocara de cerca esa lacra da violencia contra as mulleres.
Alguén acabou coa súa vida hai xa oito anos cando saíu a facer deporte, e aínda nada se sabe das circunstancias da súa morte.
É un deses casos sen resolver en Ourense.
Desde o noso IES, ao igual que fai a sociedade ourensá, só pedimos que ás forzas e corpos da seguridade do Estado sigan investigando o caso e non quede no olvido.
Durante este mes de marzo o noso alumnado da Aula da Natureza visitou o parque eólico de Sotavento, en Lugo. As clases de 1º e 2º da ESO fixeron prácticas con pequenas placas solares, entraron nun aeroxenerador, e reflexionaron sobre a sustentabilidade.
Como podemos levar unha vida respectuosa co entorno? Pois estes mozos e mozas xa saben un pouco máis para poder facelo!
Compartimos con vós as casetas de paxaros que xa comezaromos a preparar e instalar co noso alumnado de 1º da ESO da Aula da Natureza e Proxecto Competencial.
Aquí os tedes elixindo a mellor orientación para que saian adiante os futuros paxariños e poidamos velos voar.
Moi bo traballo rapaces/as.