Esta tarde, venres 9 de xuño é por fin a tan esperada graduación do alumnado de 2º de bacharelato.
Logo do sufrimento das ABAU para algúns, agora ven o merecido descanso. Outros teredes que esperar un chisquño máis a eses exames de finais de xuño e ás ABAU da extraordinaria, pero pouco queda xa.
A todos os que despedimos hoxe, desexámosvos boa viaxe nesta nova etapa da vosa vida que iniciades hoxe. E recordade que aquí deixades moita xente que vos aprecia.
Viaxe a Barcelona do club de lectura da Laboral.
O alumnado do Club de lectura de 3° e 4° ESO, realizaron unha viaxe cultural a Barcelona. No camiño tamén visitaron Zaragoza, e na propia cidade condal o Park Güell, o barrio Gótico, logo foron a Salou, Portaventura, á vila olímpica, á Sagrada Familia, e de regreso a Burgos.
Tiveron un encontro co escritor Guillen Sala moi interesante e cunha chea de reflexións.
Para rematar coas actividades do departamento de matemáticas para este curso, fíxose a entrega dos diplomas e dos premios correspondentes ao 2° Concurso de fotografía matemática.
Noraboa a todos e todas!!
Galería fotográfica
Hai uns dias o noso alumnado de 1º da ESO "Proxecto Aula da Natureza" alertounos do seguinte: hai paxaros que chocan contra as cristaleiras, e non sabemos como protexelos?
Deseguido pasaron á acción os da Aula da natureza, deseñaron plantillas, armáronse de pinturas adecuadas (non permanentes) e puxéronse en contacto con "Laura" especialista en recuperación da fauna silvestre.
Na foto podedes ver os seus primeiros pasos para que as aves non se equivoquen e sigan a súa vida. Estamos orgullosos do noso alumnado, sensibles, vixilantes e activos.
Bo traballo!
O xoves 25 de Maio os alumnos de 1º de Bacharelato A e B fixeron unha saida á Ribeira Sacra. Acompañados dun guia, visitamos tres lugares emblematicos, os mosteiros de San Pedro de Rocas, Santa María de Montederramo e Santa Cristina de Ribas de Sil, e as súas contornas, disfrutando xuntos dunha fermosa xornada chea de cultura e natureza.
O alumnado de 2º de ESO da optativa de Sustentabilidade e Paisaxe, logo do gran traballo realizado na horta escolar, tivo unha merecida viaxe educativa e visitaron as Fragas do Eume.
Camiñar pola natureza en primavera foi camiñar pola vida. Arbores, reptiles, anfibios, insectos e flores que nunca viramos. Todos os que fomos seguimos en contacto con aquelas árbores, e tamén con Mª José que de novo estivo con nòs nas "Clases de Bosque". Animádevos e sumerxídevos na Natureza!
Deixámosvos unha ampla reportaxe fotográfica.
O 25 de Maio, Hugo e Rodrigo, representaron ao IES Universidade Laboral na fase autonómica da Olimpíada de matemáticas despois de clasificarse na fase de zona. Competiron con 38 mozos e mozas máis por unha das tres plazas para a fase nacional, pero non puido ser... sen embargo valoramos moito que dous rapaces da Laboral se clasificaran para representar á zona de Ourense na Olimpiada Galega.
Mentres eles resolvían problemas, os seus compañeiros aproveitaron para coñecer algo da cidade de Lugo. Diploma, algún agasallo e un gran recordo do ben que o pasaron, eles e os acompañantes que os foron animar...