Alumnos de Formación Profesional de Automoción e de Carrozaría asistiron a unha demostración de reparación de lunas nos talleres da Universidade Laboral.
Eles mesmos poideron facer prácticas xusto despois da presentación.
O 10 de novembro pasado a "Fundación Secretariado Xitano" organizou a primeira reunión de estudantes xitanos, no cento cultural Marcos Valcarcel. Este acto tiña a finalidde de animalos a que non renuncien á súa formación poñendo como exemplo algúns casos destacados.
Sentímonos moi orgullosos que dos tres estudantes elixidos para servir de exemplo, precisamente dúas son alumnas da Laboral, as cales xa están a punto de rematar a súa formación aquí despois de tantos anos.
A primeira delas é, como non, a vosa representante no Consello escolar, Érika Dos Anjos Dos Anjos. Érika leva xa 8 anos na Laboral, e durante ese tempo foi alumna destacada na ESO e no Bacharelato de Ciencias; unha das lectoras máis activas do club de lectura, delegada de curso e compoñente do Consello Escolar, recoñecida no 2019 como merecedora ao "Premio ao esforzo na ESO" pola Consellería de Educación; e polo de agora o mellor expediente de Ciclos Formativos en toda a historia da Laboral.
A outra alumna destacada é Érika Machado Dos Anjos, 6 anos na Laboral, que está a punto de rematar con moi boas cualificacións o Bacharelato de Humanidades.
Felicidades ás dúas, a Universidade Laboral séntese moi orgullosa de ter alumnas coma vós, e estamos moi de acordo co titular do Faro de Vigo, e permitímonos adaptalo un pouco máis: Na Laboral hai xitanas que derriban tópicos e brillan desde primaria ata a Universidade...
O noso IES está a participar esta semana no proxecto "Educar en Xustiza". Unha iniciativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que ten por finalidade achegar os órganos de xustiza á mocidade, e crear vocacións entre o alumnado.
Os nosos estudantes do bacharelato de Humanidades e CC. Sociais acudiron coma convidados a auténticos xuízos nos Xulgados de Ourense. Alí tiveron a oprtunidade de coñecer ao xuíz decano, e comprender mellor como funciona o sistema xudicial.
O departamento de Mantemento participou nun programa de mobilidades da FP DUAL que incluíu unha viaxe formativa a Burdeos (Francia) para todo o alumnado de 2º curso de FP dese departamento (Mecatrónica Industrial e Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos)
Visitaron diferentes cidades e realizaron actividades culturais, visitaron centros de FP en Baiona e Burdeos, o que lles permitiu coñecercer e interactuar nunha realidade diferente.
O alumnado de Proxecto Competencial, utilizando o origami, elaborou unhas bolboretas coas que adornou o centro. O propósito foi facer unha homenaxe as irmás Mirabal.
A elas se debe que o 25 de novembro sexa o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Este ano o noso IES participa no ProxectoTERRA. ProxectoTERRA é un proxecto do Colexio de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas educativas co fin de contribuír a mellorar a formación que a poboación escolar galega debe ter sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Trata de crear poboación crítica e propositiva sobre o noso medio construído para acadar unhas mellores condicións de vida para todas as persoas, atendendo á premisa do Dereito ao Hábitat.
Enmarcado neste proxecto, hoxe desenvolvemos unha Sementeira en 1º de ESO dirixida por Patricia G. Abraín, de Createctura, onde os nosos rapaces e rapazas desmontaron elementos tecnolóxicos obsoletos para deseñar e construir, dende a súa imaxinación, unha cidade de refugallos.
Podedes ver algunas das creación na galería de fotos.
O martes 21 de novembro alumnado da materia de Literatura Universal participou nas tertulias literarias de Allariz xunto con outros centros educativos da provincia. A xornada comezou pola mañá nun roteiro pola vila de Allariz da man de Ánxeles Álvarez e a propia autora Alba Guzmán. Pola tarde realizáronse as tertulias e a tradicional entrevista na radio de Allariz. Finalmente, os participantes puderon preguntar a autora todas as súas inquedanzas e conseguir o libro asinado.